5. Indemnizacións por despedimento ou cesamento do traballador
Normativa: Arts. 7.e) Lei IRPF ; 1 e 73 do Regulamento do IRPF
Importante: en todos os casos, o gozo desta exención está condicionado á real e efectiva desvinculación do traballador coa empresa. Presumirase, agás proba en contrario, que non se dá a devandita desvinculación cando nos tres anos seguintes ao despedimento ou cesamento o traballador volva prestar servizos á mesma empresa ou a outra vinculada a aquela, nos termos previstos no artigo 18 da Lei do Imposto sobre Sociedades, sempre que no caso en que a vinculación se defina en función da relación dos socios ou partícipes coa entidade, a participación sexa igual ou superior ao 25 por 100.
- A) Contía exenta: Límites
- B) Supostos que non se consideran amparados pola exención
- C) Indemnizacións exentas derivadas de despedimentos cualificados de improcedentes
- D) Indemnizacións exentas derivadas de extinción do contrato por vontade do traballador (cesamento)
- E) Indemnizacións exentas derivadas de despedimentos colectivos por causas económicas, técnicas, organizativas, de produción ou por forza maior
- F) Indemnizacións exentas derivadas da extinción da relación laboral por morte, xubilación ou incapacidade do empresario
- G) Indemnizacións exentas derivadas da extinción do contrato de traballo por causas obxectivas.
- H) Indemnizacións exentas derivadas da extinción de relacións laborais especiais
- Cadro resumo