Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2022.

C 2. Prestacións percibidas en forma de capital derivada doutros sistemas privados de previsión social (plans de pensións, mutualidades de previsión social e plans de previsión asegurada)

Normativa: Disposición transitoria duodécima Lei  IRPF

Importante: a partir do 1 de xaneiro de 2015 a aplicación das reducións do réxime transitorio limítase ás prestacións en forma de capital que se perciban nos prazos que se indican no  apartado "Límites temporais para a aplicación das reducións do réxime transitorio".

Os beneficiarios de prestacións derivadas de continxencias acontecidas  con posterioridade a 1 de xaneiro de 2014, poden aplicar o réxime de reducións vixente a 31 de decembro de 2006 pero só á parte da prestación correspondente ás achegas realizadas ata a devandita data (31 de decembro de 2006).

Este réxime consiste na posibilidade de aplicar as seguintes reducións:

a. O 40 por 100 de redución nos seguintes supostos:

  • Cando transcorresen máis de dous anos desde a primeira achega.

  • Cando correspondan a prestacións por invalidez, sexa cal for o período de tempo transcorrido desde a primeira achega.

b. O 50 por 100 de redución para as prestacións percibidas en forma de capital por persoas con discapacidade dos sistemas de previsión social constituídos ao seu favor, sempre que transcorresen máis de dous anos desde a primeira achega.

Precisións

  • A redución aplicable ás prestacións en forma de capital derivada de plans de pensións ou de plans de previsión asegurada refírese ás que se reciban respecto da mesma continxencia.

    Cando se reciban prestacións de diversos plans de pensións, as reducións do 40 ou o 50 por 100 antes indicadas  poderán aplicarse a todas as cantidades percibidas en forma de capital (pagamento único) no exercicio en que aconteza a continxencia correspondente e nos dous exercicios seguintes, e non soamente nun exercicio,  pola parte que corresponda ás achegas realizadas ata o 31 de decembro de 2006. Véxase a Resolución do Tribunal Económico-administrativo Central (TEAC), do 24 de outubro de 2022, Reclamación número 00-08719-2021, recaída en recurso extraordinario de alzada para a unificación de criterio.

  • No suposto de percibir en forma de capital prestacións derivadas dun plan de pensións e dunha mutualidade de previsión social pola mesma continxencia, a aplicación da redución referirase á prestación do plan de pensións e á da mutualidade de previsión social de forma independente.

  • Tratandose de prestacións por xubilación ou invalidez percibida de mutualidades de previsión social, a porcentaxe de redución aplícase  pola parte da cantidade íntegra percibida correspondente a achegas realizadas ata o 31 de decembro de 2006 (para as prestacións derivadas de continxencias acontecidas con posterioridade a 1 de xaneiro de 2013), agás naqueles supostos en que o rendemento íntegro do traballo vén determinado por diferenza entre o importe recibido e as achegas que non puidesen ser obxecto de redución ou minoración na base impoñible do IRPF .

  • Se as prestacións dos plans de pensións percíbense en forma mixta (renda e capital), o beneficiario poderá identificar ou decidir libremente que parte da prestación percibida en forma de capital corresponde a achegas realizadas con anterioridade ao 31 de decembro de 2006, con inclusión da súa rendibilidade, e cal  corresponde a achegas realizadas con posterioridade a esta data.