Comunitat Valenciana
Os contribuíntes que en 2023 tivesen a súa residencia habitual no territorio da Comunitat Valenciana poderán aplicar as seguintes deducións autonómicas:
- Por nacemento, adopción ou acollemento familiar
- Por nacemento ou adopción múltiple
- Por nacemento ou adopción de fillos con discapacidade
- Por familia numerosa ou monoparental
- Polas cantidades destinadas á custodia non ocasional en gardarías e centros de primeiro ciclo de educación infantil de fillos ou acollidos na modalidade de acollemento permanente, menores de tres anos
- Por conciliación do traballo coa vida familiar
- Por contribuíntes con discapacidade, en grao igual ou superior ao 33 por 100, de idade igual ou superior a 65 anos
- Por ascendentes maiores de 75 anos ou maiores de 65 anos con discapacidade
- Por contratar de maneira indefinida a persoas afiliadas no Sistema Especial de Empregados de Fogar do Réxime Xeral da Seguridade Social para o coidado de persoas
- Por obtención de rendas derivadas de arrendamentos de vivenda, cuxa renda non supere o prezo de referencia dos alugamentos privados da Comunitat Valenciana (dedución do arrendador)
- Por primeira adquisición da súa vivenda habitual por contribuíntes de idade igual ou inferior a 35 anos
- Por adquisición de vivenda habitual por persoas con discapacidade
- Por cantidades destinadas á adquisición ou rehabilitación de vivenda habitual, procedentes de axudas públicas
- Por arrendamento ou pagamento para a cesión en uso da vivenda habitual
- Por arrendamento dunha vivenda, como consecuencia da realización dunha actividade, por conta propia ou allea, en distinto municipio
- Por cantidades investidas en instalacións de autoconsumo ou de xeración de enerxía eléctrica ou térmica a través de fontes renovables
- Por doazóns con finalidade ecolóxica
- Por doazóns de bens integrantes do Patrimonio Cultural Valenciano
- Por donativos para a conservación, reparación e restauración de bens integrantes do Patrimonio Cultural Valenciano
- Por cantidades destinadas polos seus titulares á conservación, reparación e restauración de bens integrantes do Patrimonio Cultural Valenciano
- Por doazóns destinadas ao fomento da Lingua Valenciana
- Por doazóns ou cesións de uso ou comodatos para outros fins de carácter cultural, científico ou deportivo non profesional
- Xustificación documental de determinadas deducións autonómicas por donativos ou cesións de uso ou comodato
- Requisito conxunto para determinadas deducións autonómicas por donativos ou cesións de uso ou comodato
- Por contribuíntes con dous ou máis descendentes
- Polo incremento dos custos do financiamento alleo no investimento da vivenda habitual
- Por cantidades destinadas á adquisición de material escolar
- Por obras de conservación ou mellora da calidade, sostibilidade e accesibilidade na vivenda habitual, efectuadas no período
- Por obras de conservación ou mellora da calidade, sostibilidade e accesibilidade na vivenda habitual efectuada en 2014 e 2015
- Por cantidades destinadas a aboamentos culturais
- Por adquisición de vehículos novos pertencentes ás categorías incluídas na Orde 5/2020, do 8 de xuño
- Por investimento en adquisición de accións ou participacións sociais en entidades novas ou de recente creación
- Por residir habitualmente nun municipio en risco de despoboamento
- Polas cantidades satisfeitas en tratamentos de fertilidade realizada en clínicas ou centros autorizados
- Por cantidades satisfeitas en determinados gastos de saúde
- Por cantidades satisfeitas en gastos asociados á práctica do deporte e actividades saudables
- Por cantidades procedentes de axudas públicas concedidas pola Generalitat en virtude do Decreto Lei 3/2020, do 10 de abril, a traballadores e as traballadoras afectadas por un ERTE e aos que reduciron a xornada laboral por conciliación familiar con motivo da declaración do estado de alarma pola crise sanitaria provocada pola Covid-19
- Por doazóns monetarias dirixidas a financiar programas de investigación, innovación e desenvolvemento científico ou tecnolóxico no campo do tratamento e prevención das infeccións producidas polo Covid-19
- Por doazóns para contribuír ao financiamento dos gastos ocasionados pola crise sanitaria producida pola Covid-19