Recadro 00015 Entidade ZEC sen consolidación fiscal
Marcarán este recadro as entidades que apliquen o réxime especial da Zona Especial Canaria nos termos establecidos no Título V da Lei 19/1994, e que non formen parte dun grupo fiscal que aplique o réxime de consolidación fiscal previsto no Capítulo VI do Título VII da LIS.
Estas entidades deberán marcar tamén o recadro [00029] «Réxime especial Canarias» da páxina 1 do modelo 200.
Pode consultar as particularidades do réxime fiscal aplicable ás entidades ZEC no Capítulo 12 deste Manual práctico.