Recadro 00079 Entidade ZEC en consolidación fiscal
Deberán marcar este recadro as sucursais da Zona Especial Canaria (ZEC) de entidades con residencia fiscal en España que apliquen o tipo de gravame especial do 4 por cento previsto para esta Zona, e que, con efectos para os períodos impositivos que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2018, poden formar parte dun grupo fiscal que aplique o réxime especial de consolidación fiscal previsto no Capítulo VI do Título VII da LIS.
Este recadro permite identificar as entidades que presenten dous modelos 200, un en que marcarán este recadro e declararán a parte de base impoñible á que se lle vai aplicar o tipo de gravame do ZEC, e outro modelo 200, pola parte da base impoñible que non tributa ao tipo impositivo especial e que vai aplicar o réxime especial de consolidación fiscal (neste modelo non deberán marcar o recadro [00079], pero si os recadros [00009] «Entidade dominante de grupo fiscal» ou [00010] «Entidade dependente de grupo fiscal», segundo corresponda).
Estas entidades deberán marcar tamén o recadro [00029] «Réxime especial Canarias» da páxina 1 do modelo 200.
Pode consultar as particularidades do réxime fiscal aplicable ás entidades ZEC no Capítulo 12 deste Manual práctico.