Preguntas frecuentes sobre o IVE no arrendamento de inmobles
Saltar índice da informaciónDeducións
Dan dereito a dedución os gastos por subministracións de gas, luz, auga, reparacións, gastos de asesoramento, xestoría ou publicidade, entre outros, así como as cotas de IVE soportadas pola adquisición do inmoble arrendado e, se é o caso, do mobiliario alugado xunto ao mesmo.
Xa que os arrendamentos de inmobles que realiza están suxeitos a IVE, pero uns exentos do imposto e outros non, en principio só pode deducir as cotas soportadas nunha proporción determinada (pro rata ). O importe que hai que deducir pódese calcular aplicando a pro rata xeral ou a pro rata especial.
-
Pro rata xeral : dedúcese unha porcentaxe do total de IVE soportado, a porcentaxe que representan os alugamentos polos que repercute IVE con respecto ao total.
-
Pro rata especial : dedúcese unicamente o IVE soportado en facturas correspondentes a gastos ou compras de bens de investimento utilizado en alugamentos con IVE e unha porcentaxe dos gastos comúns (a pro rata xeral).
Cando o arrendador sexa unha comunidade de bens, na factura deben constar os datos identificativos da mesma , non dando dereito a dedución se consta só algún dos comuneiros.
Se o inmoble arrendado pertence proindiviso a un matrimonio en réxime de gananciais, habendose dado de alta no censo de empresarios como arrendador só un do cónxuxes, a factura emitirase a nome deste último.
Si, sempre que se encontre en espera dun novo contrato de alugamento.