Novidades de normativa 2018
Saltar índice da informaciónForo da Unión Europea sobre IVE: apertura de prazo para presentar candidaturas
A Comisión aprobou a Decisión do 16 de xullo de 2018 pola que renova o mandato do Foro europeo de IVE (EU VAT Forum) por un período de catro anos (sendo o seu terceiro mandato). Co fin de actualizar a representación empresarial, ábrese un prazo que finalizará o 10 se setembro para que novas empresas poidan presentar as súas candidaturas. Debe tratarse de empresas nacionais que realicen operacións exteriores ou grupos multinacionais. Tamén poderán participar organizacións de asesores fiscais, consultoras, asociacións que representen os intereses de grandes, pequenas ou medianas empresas ou expertos académicos.
A Comisión terá en conta os seguintes criterios á hora de levar a cabo a súa selección:
-
Experiencia probada en áreas relevantes do IVE. Capacidade para compartir experiencias sobre casos prácticos de aplicación deste imposto.
-
Participación nun diálogo estruturado coas autoridades fiscais nacionais sobre unha aplicación máis flexible das normas actuais do IVE en situacións específicas.
-
Representación equilibrada das empresas no Foro, con respecto ao tamaño e sector de actividade, orixe xeográfica e equilibrio de xénero.
-
Rexistro en "the Tranparency Register" (http://ec.europa.eu/transparency/regexpert/index.cfm? do=calls.calls_for_app)
-
Nivel avanzado de inglés que permita a participación nos debates.
O Foro de IVE europeo creouse a través de Decisión de data 3 de xullo de 2012 como unha plataforma de diálogo entre autoridades fiscais e empresas para mellorar o funcionamento do IVE dentro da Unión e reducir cargas administrativas. O Foro reúnese dúas veces ao ano en pleno, sen prexuízo da creación de subgrupos para analizar cuestións concretas.
Toda a información sobre o Foro pode encontrarse na seguinte ligazón:
https://ec.europa.eu/taxation_customs/business/vat/eu-vat-forum_en
IMPORTANTE: o prazo para enviar as solicitudes finaliza o vindeiro 10 de setembro. Deberán remitirse a TAXUD-EU-VAT-FORUM@ec.europa.eu.