Novidades de normativa 2018
Saltar índice da informaciónOrde de módulos para 2019
O pasado venres publicouse a Orde HAC/1264/2018, do 27 de novembro, pola que se desenvolven para o ano 2019 o método de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o réxime especial simplificado do Imposto sobre o Valor Engadido
Esta Orde mantén a estrutura da Orde HFP/1159/2017, do 28 de novembro, pola que se desenvolven para o ano 2018 o método de estimación obxectiva do IRPF e o réxime especial simplificado do IVE.
En relación co IRPF , mantéñense para o exercicio 2019 a contía dos signos, índices ou módulos, así como as instrucións de aplicación. Así mesmo, mánténse a redución do 5 por cento sobre o rendemento neto de módulos derivados dos acordos acadados na Mesa do Traballo Autónomo.
Polo que se refire ao IVE , a presente Orde tamén mantén, para 2019, os módulos, así como as instrucións para a súa aplicación, aplicables no réxime especial simplificado no ano inmediato anterior.
Por último, mánténse para este período a redución sobre o rendemento neto calculado polo método de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e sobre a cota reportada por operacións correntes do réxime especial simplificado do Imposto sobre o Valor Engadido para as actividades económicas desenvolvidas no termo municipal de Lorca.
Orden HAC/1264/2018, de 27 de noviembre,por la que se desarrollan para el año 2019 el método de estimación objetiva del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas y el régimen especial simplificado del Impuesto sobre el Valor Añadido.