Preguntas frecuentes
(Actualizadas a abril de 2024)
Titularidade compartida
Existe obriga de informar sobre a conta bancaria cando se supere este límite (e non concorra ningunha das demais excepcións á obriga de declarar) con independencia do número de titulares da conta. Informarase dos saldos totais sen ratear, indicando a porcentaxe de participación.
Si, existe obriga de informar sobre o inmoble cando se supere este límite (e non concorra ningunha das demais excepcións á obriga de declarar) con independencia do número de titulares sobre o mesmo. Informarase do valor de adquisición total sen ratear, indicando a porcentaxe de participación.
O mesmo ocorrerá respecto de calquera dos tipos de bens e dereitos recollidos nestas tres obrigas de información cando existan varios titulares.
A persoa física debe presentar declaración informativa, informando sobre unha conta cun saldo a 31 de decembro de 150.000 €, indicando que a súa participación na mesma é do 30 %.
Cando a titularidade formal dun ben ou dereito ganancial corresponde a un do cónxuxes, ambos os dous cónxuxes (se están dentro do ámbito subxectivo da obriga) teñen obriga de presentar a declaración.
O cónxuxe que non é titular formal deberá declarar como titular real de acordo co artigo 4.2 da Lei 10/2010 do 28 de abril de 2010, de prevención do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo.
Polo tanto, o cónxuxe titular deberá consignar a condición de declarante “1.Titular”, e unha porcentaxe de participación do 100 %. O outro cónxuxe consignará a condición de declarante “8. Outras formas de titularidade real”, indicando unha porcentaxe de participación do 50 %.