Sociedades WEB:Acceso, tramitación do modelo 200 e versión Sociedades WEB Open
Saltar índice da informaciónPresentación modelo 200 en nome de terceiros
O "Servizo tramitación de declaración (Sociedades WEB)" permite a confección e presentación electrónica do modelo 200.O acceso é común, tanto para actuar en nome propio coma para actuar en nome de terceiros (colaborador social ou apoderado).
Unha vez seleccionado o certificado electrónico, móstrase a ventá "Datos Identificativos", na que hai que introducir o NIF e os apelidos e nome ou razón social do declarante.
A continuación pulsa "Aceptar" para acceder ao modelo 200 e cubrir a declaración.Se xa dispós dun ficheiro do modelo 200 pulsa "Importar" e selecciona o arquivo.
Neste momento, a aplicación validará se o titular do certificado está autorizado para actuar en nome do declarante consignado:se non é colaborador social e non está apoderado polo titular, obterase a mensaxe de erro "O usuario autenticado non está autorizado a realizar este trámite para o declarante", impedindo o acceso ao formulario ou a importación do ficheiro.
Tras pulsar "Aceptar", poden aparecer as seguintes opcións:
"Continuar": se a persoa colaboradora ou apoderada gardou previamente unha sesión para o NIF declarante, pode pulsar "Continuar" para recuperar os datos e seguir traballando coa declaración.Non é necesario seleccionar ningún ficheiro, xa que a última declaración queda gardada no servidor.
"Modificar declaración": se se detecta que xa hai unha declaración presentada para ese NIF;dirixe a páxina de carácteres da declaración e recupera a declaración presentada coa finalidade de presentar unha declaración complementaria.
"Nova declaración", se se quere empezar unha declaración dende cero para ese NIF.
- "Importar":Permite importar un ficheiro do modelo 200 (mesma función que o botón "Importar" da ventá anterior).O botón Importar desta segunda ventá só aparece se se accede en nome propio ou con apoderamento.Os colaboradore sociais deberán utilizar o botón "Importar" da ventá anterior "Datos identificativos".
Ao dar de alta unha nova declaración, a primeira páxina á que se accede é a de "Carácteres da declaración" que condiciona o resto da cumprimentación do modelo 200 e que, unha vez aceptados, non poderán modificarse.Ten en conta que, segundo o tipo de NIF indicado, poden aparecer xa marcadas ou bloqueadas distintas casas desta ventá.
Non obstante, como novidade este ano, dispoñerás do botón "Modificar carácteres" para que, unha vez definidos os carácteres iniciais da declaración, algúns destes poidan cambiarse sen necesidade de empezar unha nova declaración.
Marca as casas relativas ao tipo de entidade e regímentes aplicables que corresponda.Despois, baixa ata o final da páxina e indica as datas de inicio e fin do período impositivo da Entidade declarante.Por último, pulsa o botón "Aplicar".
A continuación, nunha nova ventá marcaranse as casas correspondentes ao estado de contas.
Antes de acceder á declaración, unha nova ventá permite importar un ficheiro XML para incorporar datos contables.Pulsa o botón "Elixir ficheiro (XML)" para escoller o arquivo ou "Continuar sen importar datos contables" para proseguir coa cubrición da declaración.
Se o ficheiro XML non contén erros e os datos que contén son compatibles cos que se estableceron no rexistro de carácteres e estado de contas na alta de declaración, se mostrará o botón "Continuar coa importación de datos contables".Hai que ter en conta que esta importación é opcional e automática para a información relativa ao balance, á conta de perdas e ganancias e ao estado de cambios no patrimonio neto.Poderá realizarse para entidades sometidas ás normas de contabilidade do Banco de España, entidades aseguradoras, institucións de investimento colectivo, sociedades de garantía recíproca, e as non sometidas a normativa específica.
A continuación, a cumprimentación do modelo 200 realizarase dende a páxina "Carácteres da declaración".
Para localizar as distintas páxinas da declaración podes utilizar o botón "Apartados" da barra superior ou as frechas para navegar entre as súas páxinas.
Durante a cubrición da declaración podes comprobar se supera as validacións mediante o botón "Validar declaración".Xusto debaixo da barra mostrarase un cadro amarelo cos avisos, advertencias e erros detectados.Os erros han de ser corrixidos para poder presentar a declaración mentres que as advertencias e avisos permiten continuar co envío aínda que sempre convén revisalos.Para facilitar a súa corrección, xunto á descrición, mostrarase o botón "Ir ao..."que dirixe directamente a casa ou apartado.
A mensaxe "Non existen erros" cun check de cor verde indica que a declaración pode presentarse.
Para continuar máis adiante coa declaración é recomendable gardar os datos cumpridos mediante o botón "Gardar".Esta opción non valida os datos polo que pode utilizarse en calquera momento.A declaración almacénase nos servidores da AEAT e poderá recuperarse a sesión gardada ao acceder de novo a Sociedades WEB.
Outra alternativa para conservar os datos da declaración é gardar o ficheiro coa declaración axustado ao deseño de rexistro dende a opción "Exportar".Neste caso si que se esixe que a validación sexa correcta e escoller a situación en local na que se vai conservar o ficheiro .200 que se xera.Se a declaración ten Documento Ingreso/Devolución, o botón "Exportar" estará dispoñible na ventá de selección do tipo de declaración e datos bancarios, en lugar de na botoeira superior.Neste caso, pulsa "Formalizar Ingreso / Devolución" para obter o ficheiro .200, que terá por nome o NIF_2021_0A, aínda que podes cambialo ao gardar o ficheiro.
Ademais, Sociedades WEB permite a obtención dun borrador da declaración en PDF para poder revisar os datos en papel, tendo en conta que non se poderá utilizar para a presentación, como indica a marca de auga imprimida.
Por último, pulsa "Formalizar Ingreso/Devolución" para revisar os datos bancarios e o tipo de declaración seleccionada.Dende esta ventá tamén se poderá exportar a declaración nun ficheiro .200.Para finalizar a presentación, pulsa "Asinar e Enviar".A declaración queda presentada e xérase un documento PDF en pantalla cunha copia desta.