Exercicios anteriores
Saltar índice da informaciónPatrimonio 2014 - Presentación mediante ficheiro
Para a presentación da declaración do Imposto sobre Patrimonio de 2014 utiliza a ligazón "Presentación de declaracións mediante ficheiro xerado con programa de axuda" dispoñible no apartado "Exercicios anteriores" da páxina de trámites do modelo 714 da Sede Electrónica. O acceso ao trámite require identificación con certificado, DNI electrónico ou Cl@ve PIN.
Tras a identificación e a revisión dos requisitos para a presentación, no botón "Examinar" é posible seleccionar o ficheiro da declaración.
Cargarase un resumo da declaración cos datos de identificación, os datos económicos e o resultado da declaración. Se o resultado é un ingreso deberás incluír o NRC (xustificante do pagamento). Podes obtero no momento pulsando o botón "Realizar pagamento. Obter NRC" ou seleccionar algunha das opcións de recoñecemento da débeda. Unha vez que estean cumprimentados todos os datos correctamente, fai clic en "Asinar e Enviar" para realizar a presentación.
O resultado dunha presentación correcta será unha páxina de xustificante, co CSV asignado, a ligazón á opción de "Cotexo de documentos..." e un PDF incrustado coa información da presentación (número de entrada de rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador) e a copia completa da declaración.