Exercicios anteriores
Saltar índice da informaciónPatrimonio 2017 - Servizo de tramitación de Patrimonio 2017
Para a presentación dunha declaración de Patrimonio correspondente ao exercicio 2017 tes que acceder á relación de trámites do modelo 714 na sede electrónica, "Exercicios anteriores".
Para acceder requírese identificación con certificado electrónico, DNIE, Cl@ve ou unha referencia de Renda que se obtivese para a última campaña de Renda.
Se xa estiveches traballando co formulario, o sistema detéctao e permite seguir con esa última declaración ou iniciar unha nova.
Unha vez no formulario web poderás cubrir a declaración navegando entre as distintas páxinas que a compoñen ou desde o botón "Apartados" para acceder ás distintas seccións.
Podes conservar a declaración no servidor para retomara máis adiante utilizando o botón "Gardar".
Finalizada a formalización, o recomendable é verificar que non existen erros desde a opción "Validar".
Finalizada a formalización, na última páxina, no caso de que o resultado sexa a ingresar, no apartado "Tipo de declaración" poderás escoller a forma de pagamento.
A domiciliación bancaria non está dispoñible fóra do prazo oficial de presentación. Polo tanto, terás que realizar o ingreso mediante NRC ou seleccionar outras formas de pagamento como o recoñecemento de débeda. Ten en conta que o pagamento mediante a pasarela de pagamento só estará dispoñible no caso de que se accedese con certificado, DNIE ou Cl@ve. En caso contrario, terás que contactar coa entidade bancaria e facilitar os datos da autoliquidación para que xeren o correspondente NRC, que tes que incorporar no campo "Número de Referencia NRC".
Se non existen erros que impidan a presentación, fai clic en "Asinar e Enviar".
Aparecerá un aviso antes da xanela de presentación advertindo da posibilidade de revisar os datos, pulsa "Continuar".
Na seguinte xanela, marca o recadro "Conforme" e pulsa "Asinar e Enviar".
Cando a declaración fose presentada poderás ver a mensaxe "A súa presentación foi realizada con éxito" e o código seguro de verificación asignada. Ademais mostrarase un PDF que contén unha primeira folla coa información da presentación (número de entrada de rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador) e, nas páxinas posteriores, a declaración presentada.