Exercicios anteriores
Saltar índice da informaciónPatrimonio 2017 - Presentación mediante ficheiro
Se dispós dun ficheiro que se axuste ao deseño de rexistro específico para o modelo 714 de 2017, ou que se gardase previamente co servizo de tramitación de Patrimonio de 2017 dispoñible na sede electrónica, podes presentar a declaración mediante ficheiro.
Para acceder requírese identificación con certificado electrónico, DNIE, Cl@ve ou unha referencia de Renda que se obtivese para a última campaña de Renda.
Tras a identificación, aparecen os requisitos para a presentación e o botón "Ler declaración" para seleccionar o ficheiro da declaración.
Cargarase un resumo da declaración cos datos de identificación, os datos económicos e o resultado da declaración.
Se o resultado é un ingreso deberás incluír o NRC (xustificante do pagamento). Podes obtero no momento pulsando o botón "Realizar pagamento. Obter NRC" ou seleccionar algunha das opcións de recoñecemento da débeda.
Unha vez que estean cumprimentados todos os datos correctamente, pulsa "Asinar e Enviar" para realizar a presentación. Na seguinte xanela marca o recadro "Conforme" e pulsa "Asinar e Enviar" para terminar co proceso de presentación.
O resultado dunha presentación correcta será unha páxina de xustificante, co CSV asignado, a ligazón á opción de "Cotexo de documentos..." e un PDF incrustado coa información da presentación (número de entrada de rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador) e a copia completa da declaración.