Exercicios anteriores
Saltar índice da informaciónPatrimonio 2015 - Presentación mediante ficheiro
O acceso ao trámite require identificación con certificado ou DNI electrónico, Cl@ve PIN ou número de referencia. Neste último caso a referencia utilizada ten que ser a obtida mediante o servizo RENØ na campaña actual.
Tras a identificación e revisión dos requisitos para a presentación pulsa o botón "Examinar", para seleccionar o ficheiro da declaración. No caso de que o ficheiro fose xerado co programa de axuda facilitado pola Axencia Tributaria, o ficheiro haberase gardado na ruta de instalación por defecto da aplicación, C:\AEAT \Patrimonio 2015\aeat, e terá por nome os 9 caracteres do NIF e a extensión.714.
Cargarase un resumo da declaración cos datos de identificación, os datos económicos e o resultado da declaración. Se o resultado é un ingreso deberase incluír o NRC (xustificante do pagamento). Podes obtero nese momento pulsando o botón "Realizar pagamento. Obter NRC" ou seleccionando algunha das opcións de recoñecemento da débeda. Unha vez que estean cumprimentados todos os datos correctamente, fai clic en "Asinar e enviar" para realizar a presentación.
O resultado dunha presentación correcta será unha páxina de xustificante, co CSV asignado, a ligazón á opción de "Cotexo de documentos..." e un PDF incrustado coa información da presentación (número de entrada de rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador) e a copia completa da declaración.