Exercicios anteriores
Saltar índice da informaciónPatrimonio 2019 - Servizo de tramitación de Patrimonio para colaboradores
Os colaboradores sociais adheridos ao convenio correspondente poderán presentar a declaración de Patrimonio de 2019 de terceiros identificandose co certificado electrónico de colaborador social. Se non se está dado de alta como colaborador ou aparece algún erro, pódese consultar a información relacionada coa Colaboración social.
Na primeira xanela indica o DNI ou NIE do contribuínte. Despois, pulsando "Aceptar" o sistema solicitará o número de referencia do titular se se desexa incorporar os datos fiscais do declarante directamente aos distintos apartados da declaración.
No caso de que non sexa posible a obtención da referencia debido ás condicións particulares do declarante, pulsando o botón "Cancelar" da xanela "Validar autorización" pódese cubrir o modelo 714 de cero, sen incorporación automática de datos fiscais.
A páxina inicial será a de datos identificativos e o idioma da declaración, sendo posible modificaros. Se se recoñece unha sesión anterior de Patrimonio WEB permítese recuperar a declaración ou empezar unha nova.
Unha vez no formulario web poderase cubrir a declaración navegando entre as distintas páxinas que a compoñen ou desde o botón "Apartados" para acceder ás distintas seccións. Tamén, poderá gardarse a declaración nos servidores da AEAT mediante o botón "Gardar" e obter un ficheiro con formato BOE desde o botón "Exportar".
Finalizada a formalización, verificado o resultado na última páxina, no caso de que o resultado sexa un ingreso, no apartado "Tipo de declaración" escollerase a forma de pagamento.
A domiciliación bancaria non está dispoñible unha vez finalizado o prazo voluntario de presentación. Polo tanto terase que realizar o ingreso mediante NRC ou seleccionar outras formas de pagamento como o recoñecemento de débeda. Hai que ter en conta que o pagamento mediante a pasarela de pagamento só estará dispoñible no caso de que se accedese con certificado, DNIE ou Cl@ve. En caso contrario, terase que contactar coa entidade bancaria para facilitar os datos da autoliquidación e xerar o correspondente NRC, que ten que incorporarse no campo "Número de Referencia NRC".
Cando a declaración fose presentada poderá ver a mensaxe "A súa presentación foi realizada con éxito" e o código seguro de verificación asignada. Ademais mostrarase un PDF que contén unha primeira folla coa información da presentación (número de entrada de rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador) e, nas páxinas posteriores, a declaración presentada.