Axencia Tributaria: Preguntas frecuentes. Cuestións xerais
Saltar índice da informaciónLibro rexistro de bens de investimento
Este libro só levarano aqueles suxeitos pasivos que estean sometidos á regra de pro rata. A información que hai que subministrar consiste na identificación do ben, data do comezo de utilización do ben, pro rata anual definitiva, a regularización anual das deducións cando proceder, e no caso de entrega do ben deberase dar de baixa o ben de investimento anotando a referencia á factura que xustifique a entrega e a correspondente regularización.
Este Libro informarase con carácter anual, sendo a información recollida no mesmo adicional ao rexistro das compras e vendas de bens de investimento nos Libros rexistro de Facturas Recibidas e Expedidas.
Incluiranse as anotacións que hai que realizar a partir do 1 de xaneiro de 2017 correspondentes aos bens de investimento que se encontren en período de regularización, calquera que sexa a data de adquisición do ben.