Axencia Tributaria: Preguntas frecuentes. Cuestións xerais
Saltar índice da informaciónSubministración doutras operacións de tracendencia tributaria con carácter anual
Este bloque informarase con carácter anual dentro do prazo de presentación correspondente ao último período de liquidación do ano natural e incluirá a seguinte información, de forma agrupada respecto de cada unha das persoas ou entidades coas que se efectuasen as citadas operacións
- Importes superiores a 6.000 euros recibidos en metálico da mesma persoa ou entidade polas operacións realizadas durante o ano natural.
- Operacións de seguros nos termos previstos nos artigos 32.c) e 33.1 do RD 1065/2007 (soas entidades aseguradoras),
- Información fornecida por axencias de viaxes sobre as compras correspondentes ás prestacións de servizos en cuxa realización interveñen actuando como mediadoras en nome e por conta allea a que se refire o apartado 7.b) da disposición adicional cuarta do Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro.