Inicio Campaña Renda e Patrimonio 2023
A partir do 3 de abril, están dispoñibles todos os servizos de axuda para revisar o teu borrador, modificaro e, se é o caso, presentar a túa declaración da Renda 2023 por Internet a través de Renda WEB ou pola APP .
Tras as melloras de navegación incorporada na pasada campaña no programa de axuda Renda WEB, este ano realizáronse adaptacións para facilitar a incorporación de información en supostos específicos, caso dos garaxes e rochos (inmobles accesorios), e simplificouse a navegación para modificar unha declaración, xa presentada, de xeito que o contribuínte simplemente terá que modificar os importes que correspondan e o sistema realizará de forma automática o resto de accións necesarias. A APP da Axencia Tributaria tamén conta con melloras concretas para seguir facilitando a presentación da declaración tamén por esta vía, como a modificación da forma de pagamento e o seu fraccionamento.
Pola súa parte, os contribuíntes contarán este ano cunha versión ampliada en contidos do Asistente virtual de Renda, que se puxo en marcha na campaña anterior para resolver as súas dúbidas. Se as respostas do asistente virtual non conteñen toda a información requirida, o contribuínte pode acceder ao Informador de Renda, con toda a información estruturada por bloques de contido, ou conectarse por chat con especialistas da Administración Dixital Integral (ADI).
No espazo de Campaña de Renda 2023 da web, publicáronse unha serie de guías explicativas coas novidades máis destacadas para esta campaña.
A declaración de Patrimonio 2023 tamén se presentará por Internet a partir do 3 de abril.