Erro 403, Erro de conexión SSL, Non se pode mostrar a páxina ou Conexión segura falida ao acceder ou asinar un trámite por Internet
Saltar índice da informaciónErro 403. Accede co sistema Cl@ve
O erro 403 é un erro de identificación. Se o erro aparece tras acceder a un trámite mediante o sistema de identificación Cl@ve PIN, reinicia a sesión do navegador desde a opción "Saír".
Ademais, no google Chrome, accede á icona de tres raias horizontais ou tres puntos verticais (segundo versión do navegador) situado na esquina superior dereita e pulsa "Configuración". Ao final da xanela fai clic en "Configuración avanzada", busca o apartado "Sistema" e desmarca a opción "Seguir executando aplicacións en segundo plano".
A continuación, elimina os arquivos temporais manualmente. Estas son as instrucións para cada navegador:
- Microsoft Edge
- Google Chrome
- Mozilla Firefox
- Internet Explorer
Microsoft Edge
Accede a "Configuración e máis", "Configuración", "Privacidade, busca e servizos", localiza "Borrar datos de exploración" e fai clic en "Elixir o que se debe borrar", marca as opcións "Cookies e outros datos do sitio "e "Arquivos e imaxes en memoria caché". Despois, pulsa "Borrar agora".
Google Chrome
Accede ás opcións do "Menú", "Historial". Pulsa o botón "Borrar datos de navegación" e marca as opcións "Cookies e outros datos de sitios" e "Arquivos e imaxes almacenadas en caché". Pulsa "Borrar datos de navegación".
Mozilla Firefox
Accede a "Abrir o menú de aplicacións", "Axustes", "Privacidade & Seguridade", "Historial", "Limpar historial..." e marca as opcións "Cookies", "Caché" e "Sesións activas" seleccionando o rango temporal a limpar "Todo". Pulsa despois en "Aceptar".