Erro 403, Erro de conexión SSL, Non se pode mostrar a páxina ou Conexión segura falida ao acceder ou asinar un trámite por Internet
Saltar índice da informaciónErro 403. Mozilla Firefox e Linux con certificado
Trátase xeralmente dun erro de identificación. Prodúcese cando se intenta acceder a un trámite telemático que require certificado electrónico e o navegador non detecta a súa instalación ou ben non se seleccionou axeitadamente.
Verificar instalación do certificado
Para certificados electrónicos tipo software, accede a "Editar", "Preferencias", "Privacidade e seguridade", "Seguridade", "Certificados", "Ver certificados", "Os seus certificados" e comproba que o certificado está correctamente instalado. Se non aparece instalado aquí e dispós dunha copia válida do certificado (con extensión.pfx ou.p12), podes realizar a súa importación.
Verificar data de validez do certificado
Comproba a data de validez do certificado. Se non está vixente será preciso solicitar un novo.
Se no almacén de certificados existen certificados caducados, é recomendable obter copias de seguridade daqueles que estean vixentes e posteriormente eliminar os certificados caducados.
Verificar o estado do certificado
Se o certificado electrónico é unha tarxeta criptográfica (por exemplo, DNI electrónico) pecha o navegador, reconecta o lector e abre novamente o navegador para acceder ao trámite. Se se trata dun DNI electrónico e o navegador continúa sen detectar o certificado, débense seguir as instrucións da axuda "Erro de conexión con DNI electrónico no linux ".
Para certificados tipo software da FNMT e DNI electrónico, está diponible a opción "Verificar estado" na páxina da FNMT.
Se o resultado das verificacións é un certificado válido, limpa o historial recente do navegador desde a barra superior "Historial", "Limpar o historial recente" e marca polo menos as opcións "Caché" e "Sesións activas".
Se non é posible realizar a validación do certificado (mensaxe "Non se pode mostrar páxina" ou similar) limpa o historial recente do navegador marcando todas as opcións agás "Historial de navegación e descargas" e "Formularios e historial de buscas" e "Cookies".
Se o certificado pertence a unha entidade diferente á FNMT ##1##a verificación realízase desde a web REDSARA. No caso de que o resultado non sexa válido cumprirá contactar coa entidade emisora.