Erro 403, Erro de conexión SSL, Non se pode mostrar a páxina ou Conexión segura falida ao acceder ou asinar un trámite por Internet
Saltar índice da informaciónErro 403. Google Chrome e Mac OS X con certificado
Trátase xeralmente dun erro de identificación. Prodúcese cando se intenta acceder a unha opción que require certificado electrónico e o navegador non detecta ningún instalado, está danado ou ben non se selecciona axeitadamente.
Se se trata dun DNI electrónico, segue as indicacións sobre "Erro de conexión con DNI electrónico no Mac OS##3## X", xa que o navegador compatible sería Mozilla Firefox.
Cun certificado tipo software e o navegador Google Chrome, hai que asegurarse de que o certificado electrónico está instalado no Acceso a Chaveiros. Para iso, inicia a aplicación do sistema "Acceso a Chaveiros", desde "Finder", "Aplicacións", "Utilidades". En "Inicio de sesión", "Os meus certificados" pode comprobarse se o certificado persoal aparece neste almacén.
Se non está instalado no Acceso a Chaveiros e dispós dunha copia de seguridade do certificado para importaro, accede a "Inicio de sesión", "Certificados" e fai clic en "Arquivo", "Importar elementos" ou "Importar ítems", segundo versión.
Selecciona o ficheiro.p12 ou.pfx coa copia de seguridade e fai clic en "Abrir". Pode cumprir introducir o contrasinal que se estableceu ao exportar o certificado.
Se a importación se efectúa con éxito, o certificado aparecerá no "Acceso a Chaveiros".