Como resolver dúbidas ou erros relacionados con Cl@ve
Saltar índice da informaciónErros detectados: [64] Parámetro 'QAA' inexistente
Adoita ser un erro temporal. Recomendámosche que borres os arquivos temporais do navegador ou que accedas con outro navegador á páxina web.
Facilitámosche instrucións para borrar os arquivos temporais e o caché nestes navegadores:
-
Microsoft Edge: Na barra de ferramentas do navegador fai clic sobre os tres puntos horizontais para entrar en "Configuración". A continuación, selecciona "Privacidade, busca e servizos" e na opción "Borrar datos de exploración" fai clic en "Elixir o que se debe borrar", no desdobrable "Intervalo de tempo" selecciona "Sempre" e marca unicamente as opcións "Cookies e outros datos do sitio "e "Arquivos e imaxes en memoria caché". Por último, pulsa "Borrar agora".
-
Google Chrome: Na barra de ferramentas do navegador fai clic sobre os tres puntos horizontais para entrar en "Configuración". A continuación, na opción "Borrar datos de exploración" fai clic en "Elixir o que se debe borrar". Marca os recadros "Historial de exploración", "Cookies e datos do sitio web gardada" e "Datos e arquivos en caché". Por último, pulsa "Borrar".
-
Mozilla Firefox: Se tes activada a barra de menú, selecciona "Historial", "Limpar o historial recente". Se non tes activada a barra de menú selecciona a icona das tres raias horizontais situado na esquina superior dereita, "Historial", "Limpar o historial recente".
-
Safari: accede a "Safari", "Preferencias", "Privacidade" e selecciona "Eliminar todos os datos dos sitios web" (ou "Borrar todos os datos de sitios web" segundo versión de Safari). Marca "Eliminar agora" e espera a que o proceso se complete.
Despois de borrar arquivos temporais, reinicia o navegador para asegurarche de que o erro non se repete por estar almacenado en memoria.
A continuación, accede ao trámite que desexas realizar. Introduce o DNI ou NIE e despois o dato de contraste.