Como resolver dúbidas ou erros relacionados con Cl@ve
Saltar índice da información16600 excedeuse o número máximo de intentos falidos. Acceso bloqueado
O erro "16600 Cos datos utilizados para identificarse, excedeuse o número máximo de intentos falidos permitidos por día. Pola súa seguridade, o acceso bloqueouse. Reinténtelo mañá" prodúcese tras introducir repetidas veces datos erróneos, tanto na petición de autenticación con Cl@ve como na identificación posterior.
Petición de autenticación mediante a solicitude de PIN
Para realizar unha petición de autenticación mediante a obtencón dun PIN o usuario debe identificarse co DNI /NIE e o dato de contraste requirido en función do seu tipo de documento de identidade:
- Data de validez, para DNI ;
- Data de expedición, para DNI permanente (01-01-9999);
- Número de soporte, se é un NIE.
Tras varios intentos indicando erroneamente o dato de contraste, o sistema bloquéase por seguridade e móstrase a mensaxe "16600 Cos datos utilizados para identificarse, excedeuse o número máximo de intentos falidos permitidos por día. Pola súa seguridade, o acceso bloqueouse. Reinténtelo mañá".
Podes reintentar o acceso a partir das 00:00 horas.
Identificación co PIN recibido
Se ao identificarche con Cl@ve introduces un PIN erróneo, aparecerá a mensaxe "A combinación Código/PIN introducido non é correcta". Neste caso é recomendable que non reintentes o acceso co mesmo PIN erróneo para non bloquearo.
No seu lugar, pulsa "Volver" e solicita outro PIN. A continuación, asegurache de que che identificas co último PIN recibido por SMS e non con outro obtido anteriormente. Recomendámosche que elimines as SMS previas para evitar equivocacións.
No caso de que realices 6 intentos de acceso cun PIN erróneo, bloquearase o acceso por seguridade e aparecerá a mensaxe: "16600 Cos datos utilizados para identificarse, excedeuse o número máximo de intentos falidos permitidos por día. Pola súa seguridade, o acceso bloqueouse. Reinténtelo mañá".
Podes reintentar o acceso a partir das 00:00.