Posibles erros no uso do certificado electrónico
Saltar índice da informaciónErro 403 persistente se non aparece xanela de selección de certificado ou bloqueo do navegador co Mozilla Firefox
Se utilizas Mozilla Firefox para traballar coa páxina web da Axencia Tributaria e aparece de forma reiterada o código de erro 403 ou non salta a xanela de selección de certificado electrónico, comprobando que o certificado funciona correctamente, revisa a seguinte configuración:
Escribe about: config na barra de enderezos, pulsa Intro e fai clic en "Aceptar o risco e continuar".
Localiza a preferencia security.remember_cert_checkbox_default_setting, para iso, escribe a palabra "remember" (sen comillas) na barra de busca. Unha vez localizada, fai dobre clic sobre a palabra "True" ou pulsa a icona ao final da liña para cambiar a "False".
Reinicia Mozilla Firefox e, se ao acceder de novo a unha opción con certificado persiste o erro, accede ao almacén de certificados do Firefox. Pulsa "Ferramentas" ou sobre a icona de tres raias horizontais situadas na marxe superior dereito do navegador, entra en "Axustes", "Privacidade e seguridade" na marxe esquerda e localiza o apartado "Seguridade". Dentro de "Certificados", fai clic en "Decisións de autenticación", debes asegurache de estar nesta pestana e non noutra . Na columna "Servidora" localiza as opcións correspondentes a agenciatributaria e eliminaas.