Posibles erros no uso do certificado electrónico
Saltar índice da informaciónErro "40934" ao asinar un trámite con tarxeta criptográfica
O erro "40934" é un erro de identificación que se produce xeralmente ao seleccionar un certificado electrónico incorrecto no momento de asinar unha declaración.
Tanto se se trata dun DNI electrónico como dun certificado en tarxeta criptográfica, cómpre asegurarse de que está seleccionando o certificado de autenticación para acceder e o de sinatura para asinar e enviar.
Comproba tamén que introduces o PIN correcto no caso de que a sinatura estea protexida con esta clave.
Se existen varios certificados electrónicos no almacén de certificados e non é posible diferenciaros, cumprirá probar cos certificados que aparecen na lista, reiniciando o navegador para poder escoller o certificado axeitado.