Posibles erros no uso do certificado electrónico
Saltar índice da información"Módulo Xeral de Erros...0000099" ao acceder aos "meus "expedientes" ou ao servizo de modificación de declaracións informativas
Se ao acceder aos "meus "expedientes" ou ao servizo de modificación de declaracións informativas aparece o erro "Módulo xeral de erros: ...0000099", trátase dunha incidencia relacionada co certificado electrónico.
Nas seguintes imaxes móstrase como comprobar este erro no Internet Explorer, no Mozilla Firefox e Google Chrome, respectivamente.
En primeiro lugar pecha todas as xanelas do navegador e accede novamente ao trámite. Cando apareza a xanela de selección do certificado, asegurache de seleccionar o certificado correcto.
Se se reproduce novamente o erro hai que comprobar os detalles do certificado e verificar se os datos rexistrados do titular e do representante, se se trata dun certificado de persoa xurídica, correspóndense cos datos que constan no censo da AEAT
Consulta a entrada "Comprobación de estar censado na Axencia Tributaria como contribuínte" dispoñible na nosa sede electrónica.
A continuación, explicamos como comprobar os detalles do certificado en cada navegador e sistema operativo.
No Mozilla Firefox##1##, accede ao xestor de certificados desde o menú "Ferramentas" ou a icona de tres raias horizontais situadas na esquina superior dereita, "Opcións", "Privacidade e seguridade", "Seguridade", "Certificados", "Ver certificados". Selecciona o certificado desde a pestana "Os seus certificados" e pulsa o botón "Ver". Entra na pestana "Detalles" e no cadro "Campos do certificado ", localiza a opción "Nome alternativo do asunto do certificado ", dentro do apartado "Extensións".
No cadro "Valor do campo "comproba que os datos rexistrados para o titular do certificado son correctos.
En Michrosoft Edge, Google Chrome e Internet Explorer , accede ao xestor de certificados e desde a pestana "Persoal", fai dobre clic sobre o certificado para comprobar os detalles do certificado. Entra na pestana "Detalles" e no desdobrable "Mostrar" selecciona "Todos". Localiza a opción "Nome alternativo do titular "e comproba a información que se carga no cadro inferior.
Se o sistema operativo é Mac e o navegador é Safari ou Google Chrome, entra en "Acceso a Chaveiros", "Inicio de sesión", "Os meus certificados". Fai dobre clic sobre o certificado e na pestana "Detalles", selecciona o apartado "Información da clave pública". Localiza a opción "Nome de directorio" e nos epígrafes "Outros nome" mostraranse por esta orde, o NIF de persoa xurídica do titular do certificado, a razón social, o NIF da persoa física do representante do certificado, o segundo apelido, o primeiro apelido e o nome.
Unha posible causa do erro é que se modificasen os datos no censo do titular do certificado ou do seu representante. Nese caso, a solución sería obter un novo certificado co NIF actual.