Posibles erros no uso do certificado electrónico
Saltar índice da informaciónO seu certificado non permitiu xerar unha sinatura válida no google Chrome
O erro "O seu certificado non permitiu xerar unha sinatura válida" pode aparecer se existen certificados caducados na consola de certificados do windows. Para revisaro, accede a "Inicio" do windows e fai clic en "Executar" ou "Buscar"; teclea "certmgr.msc" (sen comillas) e pulsa a tecla "Enter" ou "Intro" do teclado:
Accede a "Persoal", "Certificados".
Nesta carpeta deben aparecer exactamente os mesmos certificados que se localizan desde as opcións do Internet Explorer en "Opcións de Internet", "Contido", "Certificados", "Persoal".
Se aquí aparece algún certificado caducado, pode eliminarse. Para iso fai clic co botón dereito do rato sobre o seu nome e logo "Eliminar".
Unha vez eliminado pecha a xanela.